O Partido Laboralista, liderado por Anthony Albanese, gaña as eleccións lexislativas en Australia, tras nove anos na oposición. Lograron 71 escanos fronte aos 53 da coalición conservadora do primeiro ministro Scott Morrison, no cargo desde 2018. Todo apunta a que os Laboristas formarán alianzas co Partido Verde para poder gobernar. A falta dunha política contundente contra a emerxencia climática foi unha das principais críticas contra o Goberno de Morrison, tras unha serie de incendios, secas e inundacións en Australia. O escrutinio parcial revela a tendencia de políticos independentes, na súa maioría mulleres, que se presentaron con axendas liberais no económico pero que avogan por medidas progresistas na loita contra a crise climática.
33