O Partido Popular de Camariñas propón que se habiliten zonas de aparcamento en Arou

O PP propón que o concello negocie a adquisición de terreos para poder ofertar prazas de estacionamento, e así facilitar a convivencia entre veciños e turistas e aumentar o atractivo deste pobo e a comodidade de todas as persoas.

“A praia de Arou é un referente turístico da Costa da Morte e son moitas as persoas que visitan esta localidade pero sobre todo no verán queda patente a necesidade de contar con máis prazas de aparcamento” manifestou a portavoz popular Paula Mouzo Mas.

Mouzo xa trasladou esta petición, por escrito, ao goberno local socialista e presentará un rogo no vindeiro pleno ordinario municipal.

Related posts

Nova programación de cursos no Fórum Carballo

A Laracha está a completar no rural a execución do proxecto de colocación das placas identificativas coa nova numeración

A Deputación da Coruña apoia a Carballo como museo de muralismo ao aire libre