Segundo os resultados oficiais provisorios, o Partido Socialista obtería -co escrutinio case totalmente realizado- un 36.73% dos votos e 87 deputados. A abstención foi do 45,82%, moito máis alta que nas últimas xerais portuguesas do 2015.
O proceso para formar goberno podería estar concluído en menos dun mes, dependendo da axenda do presidente portugués, o conservador Marcelo Rebelo de Sousa, e da facilidade coa que os socialistas pechen pactos para garantir a gobernabilidade. O Bloco de Esquerda lograría un 9,53% dos sufraxios e 14 deputados e a coalición de comunistas e ecoloxistas (CDU) un 5,63% dos apoios.
O líder da oposición, Rui Rio, co Partido Social Demócrata (PSD) quedaría de segundo nas eleccións ao Parlamento portugués, cun 28,33% dos votos e 65 deputados.