A proposta de Pase Verde, que se presentará o 17 de marzo para axudar á libre circulación dentro do bloque da Unión Europea, só será válido con vacinas aprobadas pola EMA. As vacinas de empresas non aprobadas non estarán cubertas pola cláusula de responsabilidade e control de calidade da UE. Fontes da Comisión informaron de que o Comisario de Xustiza da UE, Didier Reynders, deixou claro que os Estados membros eran libres de vacinar aos seus cidadáns con outros produtos, pero non se lles asignaría un certificado de viaxe autorizado a menos que a súa vacúa procedese dunha empresa aprobada, das que actualmente hai catro. Pfizer/ BioNtech, AstraZeneca, Moderna e Johnson&Johnson. Algúns países, incluíndo algúns da Unión Europea, están a recorrer a vacinas non aprobadas pola Axencia Europea de Medicamentos EMA como a chinesa Sinovac e a rusa Sputnik V. A duración do certificado verde dixital debe limitarse ao final da pandemia de COVID-19, dixo a fonte da UE, engadindo que as probas e a corentena seguirán sendo os elementos que permitan a libre circulación. Así, a vacinación non se converte nunha condición previa para a libre circulación. O certificado estará dispoñible en formato dixital e en papel.
38