O paseo marítimo da praia acolleu a presentación da XV Travesía Sisargas-Malpica

A data inicial prevista tivo que ser cambiada para o 10 de agosto debido ás condicións metereolóxicas adversas. Ao evento asistiron Eduardo Parga, alcalde de Malpica, Daniel Gambón, organizador da proba, o concelleiro Miguel Ángel Fernández e a concelleira Noelia Freijeiro. Tamén estivo Rubén, representante da Policía Local e Iván Muíño, da agrupación local de Protección Civil.

Parga, invitou a todos a visitar Malpica a animar os deportistas e a gozar de Malpica.

Daniel Gamón, explicou que do porto de Malpica saen os nadadores da proba do campionato galego e que os barcos participantes serán O Castelao e o Pasa Aquí. Na proba participarán máis de 200 nadadores.

A XV edición da competición de nado que terá tres percorridos:

Illas Sisargas – Malpica: 4,5 quilómetros

Praia – Praia: 1,5 quilómetros

O Concello de Malpica colabora na organización da Travesía, na que tamén están implicadas a Confraría de Pescadores de Malpica, a Deputación da Coruña, Cruz Vermella e a Agrupación Provincial de Protección Civil de Malpica.

Será unha nova xornada deportiva na que o noso Concello estará cheo de deportividade e animación. O concello de Malpica anima a asistir e animar  ós deportistas, a gozar das paisaxes e da gastronomía.

Related posts

O arranxo da estrada á Pedra do Sal, en Carballo, está máis preto de ser unha realidade

Encargadas as obras de terminación da estrada de Hospital a Brens, en Dumbría

De landras a carballos | Actividades para nenos e nenas a partir de 5 anos e as súas familias, ata xuño en Carballo