O pavillón de Baio e as súas instalacións, pechan por obras na cuberta do 27 de outubro ao 5 de novembro

pavillón municipal de Baio e as súas instalacións (auditorio, pista deportiva e ximnasio municipal) permanecerá pechado dende o 27 de outubro ata o 5 de novembro con motivo das obras de renovación da cuberta do edificio e co fin de garantir a seguridade dos usuarios e usuarias. 

Os traballos, nos que o Concello de Zas inviste un total de 95.782,87€, consisten na retirada da cuberta actual e na substitución por unha nova coa que se mellorarán as condicións de uso favorecendo a estética, a seguridade e a hixiene das instalacións. 

Estas obras non afectan ao Centro Sociocultural de Baio que continuará aberto no seu horario habitual.

Plan de melloras e conservación

As obras de renovación da cuberta do pavillón municipal de Baio están incluídas dentro do plan de melloras e conservación impulsado polo Goberno Municipal de Zas. Estes traballos súmanse á reforma realizada a finais do 2020 coa que se mellorou a accesibilidade a utilidade do pavillón.

Esta reforma permitiu crear o primeiro ximnasio municipal de Zas dotado con dúas salas, unha de musculación e outra de cardio cos seus correspondentes equipamentos, que suman máis de 150 metros cadrados.

Nestes dúas actuacións, o Concello de Zas investiu máis de 200.000€.

Related posts

Malpica deu a coñecer a súa XXI Mostra de Teatro

Cabana celebrará o Samaín cun roteiro máxico entre Dombate e o Castro de Borneiro

O PSOE da Laracha anunciou que presentará emendas á ordenanza das taxas deportivas