O pavillón de deportes de Riazor acollerá persoas sen teito

Cedida.

O Exército cedeu as camas que están listas para recibir persoas sen teito, especialmente vulnerables nesta situación de crise sanitaria. Estarán atendidas as vintecatro horas do día. A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, explica que “temos habilitados os espazos para durmir, para comer e de estancia. Tamén temos espazos de sospeita de posibles casos positivos para telos aillados e agardar as instrucións das autoridades sanitarias”. 

Primeiro deberán ser valoradas por un equipo sanitario para detectar posibles casos de Covid 19 e evitar contaxios. O seguimento médico será diario. O frontón ten capacidade para corenta usuarios, pero poderían habilitarse outros espazos do pavillón para acoller máis xente. Son persoas que coñecen ben no equipo municipal de inclusión social e na Cruz Vermella. “Trataremos de convecelos para que ingresen de forma voluntaria, pero se é necesario poderiamos proceder a un confinamento obrigado. Se iso non puidese ser, tratariamos de dar unha resposta máis individualizada”.

Estarán con eles educadores e traballadores sociais. A seguridade asúmea a policía local.