O Pazo de Mariñán acolle as XII Xornadas de Dereito Administrativo Iberoamericano

1 minutes read

Expertos en Dereito administrativo de catorce universidades de España, Arxentina, Nicaragua, Uruguay, Costa Rica, Venezuela, México, El Salvador, Colombia, Perú e Brasil participan durante este semana no Pazo de Mariñán (Bergondo) na XII edición das xornadas de Dereito Administrativo Iberoamericano, que esta mañá comezaron cunha conferencia do xurista Miguel Herrero y Rodríguez de Miñón e unha mesa redonda sobre «Boa Administración. Estado e sociedade».

Este luns tivo lugar a conferencia especial de Joao Antonio Da Silva, Presidente do Tribunal de Contas de Sao Paulo (Brasil) e unha mesa redonda sobre «Novas claves do Estado do Benestar».

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, que participará o venres no acto de clausura do congreso, destacou a longa traxectoria de colaboración entre a institución provincial e a UDC para «converter á provincia da Coruña, por duodécimo ano consecutivo, no epicentro do Dereito Administrativo Iberoamericano»