O Pazo de Mariñán acollerá o día 23 a estrea de ‘Tribunal’, a peza de teatro creada no LabCareixa


‘Tribunal’ é unha peza que aborda as imposicións de xénero, a reconstrución da identidade e os xuízos establecidos por figuras de poder, performando unha viaxe chea de obstáculos e figuras que desafían camiños establecidos. As creadoras da peza consideran que se trata dun camiño que invita á reflexión do público e a conversar sobre a identidade de xénero, a transformarse de xuíces a xulgados acompañando aos protagonistas. Adiantas, ademais, que as persoas espectadoras deben acudir abertas a sacar as súas propias conclusións. Atendendo a que as artistas proveñen da escultura, fotografía, música, performance e pintura, o espectáculo está concibido cunha sensibilidade estética enriquecida por todos estos campos.

O vindeiro 23 de abril terá lugar a presentación desta peza desenvolta durante o LabCareixa, laboratorio de teatro experimental, organizado pola Área de Cultura da Deputación de A Coruña, curado por Sergio Marey co-director de Solaina e produción de Antía Carreira e Breogán Martínez. Esta peza creada polas cinco artistas residentes (Carlos Beade, Carmen Quintáns, Elise Abella -Elise.pdf-, Daniel Cambeiro -FloraGhost- e María Vérez) parte da obra ‘O paseo das esfinxes’ da dramaturga coruñesa Luísa Villalta.