O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada e o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participaron este luns no Pazo de Mariñán (Bergondo) nos actos de conmemoración do 175 aniversario da fundación do corpo da Garda Civil. No acto tamén participaron o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o director xeral de Defensa do Monte, Tomás Fernández-Couto.