O Pazo de Meirás conta con 697 bens inventariados

Pazo de Meirás

O inventario realizado no Pazo de Meirás polos técnicos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, con 1.021 imaxes e 80 arquivos de vídeo, inclúe un total de 697 bens, tanto os situados no exterior, con descrición de edificios e construcións, como os do interior. No interior inclúe desde mobiliario da familia real, pasando polas estatuas de Isaac e Abraham, do Mestre Mateo, ata bustos de Emilia Pardo Bazán, segundo recolle a documentación. No exterior un escudo ducado de Franco e escudos de armas doutras familias ata tres hórreos, un cruceiro, esculturas de pedra representando a distintos santos como San Pablo ou San Andrés, composicións de labra heráldica, pías bautismales, unha réplica do parteluz da Catedral de Santiago; un grupo escultórico de músicos populares sobre unha peana de pedra, aínda que tamén outros elementos sen valor artístico ou histórico como unha pista de tenis. No informe, especifícase que se recolle a documentación obtida nunha investigación preliminar, «estudando bens mobles máis recoñecibles como de Patrimonio Nacional dos conservados en Meirás».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha