O pazo de Vilar de Francos, en Carballo, acolleu o V Encontro de Turismo da Costa da Morte

Foto_DC.

O evento, organizado pola Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) en colaboración coa Deputación da Coruña, puxo de relevancia que o esforzo realizado este ano polo sector tivo recompensa. «Grazas á boa colaboración público-privada e pública-pública de concellos, Deputación e Turismo de Galicia, colócanos no mapa nunha posición cada vez máis competitiva», subliñaba o vicepresidente da administración provincial, Xosé Regueira.

A CMAT organizou este V Encontro de Turismo da Costa da Morte co obxectivo de seguir favorecendo o intercambio de experiencias entre profesionais, entidades e administracións, ademais de impulsar o desenvolvemento económico e social do xeodestino Costa da Morte. Ao longo da xornada, celebráronse presentacións, mesas de debate e espazos de ‘networking’ onde compartir boas prácticas e novas estratexias para seguir avanzando cara a un turismo sostible e de calidade.

O encontro, que recoñeceu a actriz fisterrá Marta Lago co III Premio Embaixador/a Costa da Morte, serviu tamén para fortalecer os lazos entre o sector público e privado, fomentar sinerxías e consolidar unha rede de traballo conxunto que poña en valor o territorio e o seu potencial como destino único.

Related posts

O PSOE de Muxía denuncia que se cobren os plans de conciliación na vila

Participantes no programa de intercambio xuvenil coa Laracha visitaron o Parlamento de Galicia

A Praza Castelao de Corcubión volveu a acoller unha concentración de apoio a Palestina