O pediatra e escritor Manuel Pombo presentou o seu primeiro libro infantil en galego

1 minutes read

O Pazo de San Roque en santiago foi o lugar escollido para presentar o último libro do pediatra e escritor Manuel Pombo, O can e o gato, editado por Editorial Galaxia co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Ilustrado cos debuxos da artista María Lires, este conto, o primeiro que o doutor dirixe á cativada, narra as aventuras dun can preguiceiro e testán, dono da súa casa ata que se ve na obriga de compartila cun novo inquilino. Unha historia de amizade coa que o seu autor busca, ademais, espertar o amor pola lectura en lingua galega dos máis pequenos e pequenas e ofrecerlles unha alternativa ás cada vez máis recorridas pantallas. Canda o escritor e autor do conto, Manuel Pombo, tamén estiveron presentes, Valentín García, e o director xeral da Editorial Galaxia, Francisco Castro.