O PEL creará 87 empregos nas comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal

1 minutes read

O programa PEL- Concellos da Deputación da Coruña creará este ano 87 empregos nos municipios das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal, cun investimento cercano aos 646.000 euros.

Concellos da zona coma As Pontes, Valdoviño, Moeche e San Sadurniño xa publicaron as bases ou comezaron os procesos de selección do persoal, que se encargará da prestación de servizos municipais básicos ou mantemento de infarestruturas, en función das necesidades concretas de cada localidade.

Entre os requisitos que deben cumprir os/as aspirantes a estes postos de traballo, figuran ter cumpridos os 16 anos de idade e estar inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes de emprego.