Os sete operarios seleccionados serán contratados, con cargo a Deputación Provincial, por un período de seis meses e medio e integrarán unha cuadrilla destinada a realizar obras e traballos de acondicionamento e mellora de diversas infraestruturas de titularidade municipal: mantemento de parques e xardíns, reparación de beirarrúas e sumidoiros, conservación e limpeza viaria, instalación de sinalización. As instancias deben presentarse no Concello da Laracha no prazo de cinco días hábiles contados a partir do xoves día 4. Entre os requisitos que deben cumprir os/as aspirantes a estes postos de traballo, figuran ter cumpridos os 16 anos de idade e estar inscritos no Servizo Galego de Colocación como demandantes de emprego.