O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso e o deputado responsable da área de Emprego, José Ramón Rioboo, presentaron a nova convocatoria de axudas do Plan de Emprego Local (PEL-2022), que este ano conta cun orzamento inicial de 7.260.000 euros para apoiar a contratación de persoal, a realización de investimentos nos negocios e a sufragar os custos das cotas á Seguridade Social por parte dos autónomos.
Formoso explicou que 3,5 millóns destinaranse a subvencionar a contratación e ao mantemento de persoas traballadoras, 2,76 millóns a financiar novos investimentos en pequenas empresas de recente creación e 1 millón a liña PEL-AUTONOM@S, que tivo unha grande demanda no seu primeiro ano, polo que en 2022 ve duplicado o seu orzamento.
As estimacións do Goberno provincial son que as axudas á contratación permitan crear 300 empregos este ano, que máis de 500 persoas autónomas podan acceder á subvención das cuotas da Seguridade Social durante un ano e que máis de 400 pemes reciban o apoio económico da Deputación para investimentos que melloren a competitividade dos seus negocios.