O peor da seca está superado ao constatarse un incremento do 800% nos caudais dos ríos

1 minutes read

Segundo o Plan de seca de Galicia-Costa, a situación avalíase, dunha banda, en función das precipitacións rexistradas e, doutra banda, en función das reservas de auga dispoñibles para o abastecemento. Na reunión da Oficina Técnica da Seca, na que se constatou unha melloría xeneralizada con respecto á ultima xuntanza, que foi o 20 de outubro, constatouse un incremento do 800% nos caudais dos ríos nas últimas semanas. Esta situación permite desactivar a declaración estado de seca prolongada no sistema da Mariña luguesa e na zona de Ortegal e Cedeira, que pasan a situación de completa normalidade. No resto dos sistemas de Galicia-Costa mantense a seca prolongada, á espera da consolidación dos bos indicadores favorables. En relación coas reservas de auga dispoñibles de abastecemento, na xuntanza constatouse tamén que nestas últimas semanas os ríos experimentaron picos de caudal moi importantes, tal como amosan o sistema do río Grande, ría de Camariñas e costa da Coruña e o sistema do río Anllóns, onde se pasou rapidamente a niveis de normalidade.