O persoal da Deputación da Coruña doa fondos na procura dunha vacina fronte ao Covid-19

1 minutes read

A Deputación da Coruña inicia estes días unha campaña voluntaria de recadación de fondos entre o persoal funcionario e os membros de corporación provincial para apoiar a investigación de vacinas e tratamentos médicos fronte ao Covid-19 que se están a levar por parte de equipos científicos multidisciplinares da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

A iniciativa e a conta bancaria solidaria aberta para esta iniciativa foi comunicada a todo o persoal, sindicatos e grupos políticos e está recibindo xa as primeiras doazóns por parte dos traballadores e representantes políticos da Deputación da Coruña.

Con este pequeno xesto, todos os que traballan na Deputación da Coruña queren aportar o seu gran de area na procura dunha vacina ou un tratamento eficaz contra o virus que provocou esta terrible pandemia.

Nº conta ABANCA: ES22 2080 0388 2031 1000 3189