O persoal municipal de Carballo recibe 5.000 novas máscaras

Mascarillas para el personal municipal de Carballo_Cedida

  • O Concello aprobou 160.000 euros para financiar os gastos derivados da Covid-19 no último trimestre

O Concello de Carballo recibiu un novo envío de 5.000 máscaras grazas á colaboración entre o Goberno Central e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), un convenio que dota aos concellos de máis de 20.000 habitantes de medios de prevención fronte á Covid-19. As máscaras irán destinadas ao persoal dos distintos servizos municipais.

Dende o estado de alarma, o Goberno do Estado destinou a Carballo un total de 37.500 máscaras protectoras: 14.000 foron distribuídas entre os traballadores do polígono industrial de Bértoa, e as 23.500 restantes entre o persoal municipal.

O Concello aprobou un suplemento de crédito para financiar os gastos derivados da COVID-19 no último trimestre deste ano, entre os cales figura unha previsión de 30.000 euros para a adquisición de material sanitario para os servizos municipais e máis de 130.000 para traballos e materiais de desinfección e limpeza en edificios públicos e centros de ensino. En total, 160.000 euros financiados con fondos municipais.