35
Por primeira vez en moitos anos só se entregou unha medalla, pero para milleiros de persoas que dende marzo pelexan en hospitais e residencias contra a covid-19, dende os cuartos de limpeza ata as UCI, pasando polos laboratorios. Recollérona unha vintena de representantes destes colectivos e da man de dúas pacientes que superaron a enfermidade. No nome dos galardoados falou o coordinador das Urxencias do hospital do Salnés, que agradeceu «as súas olladas amables na lagoa de sufrimento». Galicia soubo coidar de Galicia, dixo Alberto Núñez Feijóo, que defendeu que a nosa é unha nacionalidade histórica en marcha, e fixo un chamamento a non baixar a garda ante a pandemia.