O PES de Ponteceso formalizará varios contratos de traballo


O Plan de Emprego Social de Ponteceso creará un mínimo de 10 contratos en rotación e a tempo completo en períodos de seis meses, cun salario próximo aos mil cen euros. Con estas persoas crearase unha bolsa de emprego para necesidades sobrevidas nos servizos municipais. As solicitudes para formar parte deste Plan deben presentarse no rexistro xeral do Concello, onde farán unha selección mediante concurso atendendo á situación socioeconómica dos aspirantes. Os aspirantes non contratados quedarán nunha lista de espera coa que se construirá unha Bolsa de Traballo para futuras incorporacións.