27
O 112 Galicia tivo coñecemento dos feitos a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que informaba de que Salvamento Marítimo ía mobilizar o helicóptero Pesca-1 para evacuar a unha persoa nunha embarcación situada nas proximidades das Illas Cíes. Posteriormente, Salvamento sinalaba que o ferido que tiñan que evacuar era un dos maquinistas da embarcación que sufrira queimaduras nunha man.
Así pois, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE-112 Galicia) deuse aviso aos servizos sanitarios, á Garda Civil e tamén a Protección Civil de Vigo. Finalmente, o helicóptero Pesca-1 trasladou o ferido ao Hospital Álvaro Cunqueiro da cidade olívica.
