O Pesca I rescata a tres persoas en apuros na Praia do Vilar de Ribeira

1 minutes read

Entre os rescatados, un menor, que foi o primeiro en necesitar axuda. Tras de si, un adulto, que se bota á auga para axudalo, e un surfista que, coa súa táboa, ofrécelles un punto de apoio ata a chegada dos rescatadores do Servizo de Gardacostas de Galicia a bordo do Pesca I.

Por fortuna, todos saíron da auga conscientes e só dous, o menor e o adulto recibiron asistencia médica no Hospital do Barbanza, onde os depositou o helicóptero e onde agardaba unha dotación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 co fin de ofrecer os primeiros coidados.

Un rescate que reuniu na Praia do Vilar, en Ribeira, un amplo operativo por terra, mar e aire, desde unha embarcación de Salvamento Marítimo ata un avión e un helicóptero do mesmo organismo, e efectivos do grupo local de emerxencias e Protección Civil e axentes da Policía Local e Nacional.

As chamadas de bañistas ao 112 Galicia serviron para poñer en marcha este operativo, cuxo obxectivo era o rescate dun menor incapaz de voltar á beira pola acción de arrastre do mar.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?