O Plan de Licitacións do Concello de Ponteceso adxudica o seu primeiro servizo recorrente

Concello de Ponteceso

  • O prezo total é de 185.279,07 euros: un aforro de 16.838,78 euros sobre o prezo de saída

O Plan de Licitacións polo que o goberno de Ponteceso pretende adxudicar todos os servizos recorrentes acadou xa a súa primeira meta volante coa adxudicación dun contrato en dous lotes para o mantemento de xardíns, céspede dos campos de fútbol de herba artificial, parques infantís e áreas biosaudables de todo o concello.

O adxudicatario de ambos foi Jardinería Arce S.L. A duración do contrato é de dous anos, con dúas posibles prórrogas dun ano cada unha, e o prezo total é de 185.279,07 euros, o que supón un aforro de 16.838,78 euros sobre o prezo de saída e diversas melloras ofertadas pola empresa.

“Cando cheguei ao goberno en 2015, non había practicamente ningún contrato en vigor. Estamos licitando obras e servizos
coma se foramos un concello de corenta mil habitantes”, destacou o alcalde da localidade, Lois García Carballido.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha