Este investimento únese aos 664.000 euros licitados para a renovación integral do CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco e aos 361.000 euros para a mellora das carpinterías e da cubeta do CPI As Revoltas de Cabana de Bergantiños, coa finalidade de deseñar un novo modelo de centros educativos postcovid.
Esta importante actuación ten por obxectivo primordial mellorar o confort dos alumnos e profesores que cada día interactúan nos centros e vai na liña das pautas marcadas no Plan da Nova Arquitectura Pedagóxica de Galicia aprobado polo Goberno galego. Este plan supón avanzar nun novo concepto de centros educativos ao servizo dos novos retos educativos do futuro que pasan por atender non unicamente as necesidades académicas, senón tamén as sanitarias e as tecnolóxicas.
O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado da alcaldesa de Cee, Margarita Lamela, visitou o CEIP Eugenio López de Cee, onde informou que todas as melloras nos centros educativos están deseñadas e planificadas para que, en ningún caso, incida no normal desenvolvemento do curso escolar.