O plan galego de vacinación contra a covid poñerase en marcha con 40.000 doses

1 minutes read

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, destaco que Galicia contará cun equipo con máis de 200 profesionais de enfermería para coordinar a campaña de vacinación da covid. Se ben a Comunidade está á espera de coñecer con exactitude cando se poderá iniciar a campaña, Rueda afirmou que Galicia vai estar preparada para comezar coa vacinación de inmediato.

Contamos con recibir as primeiras doses despois da aprobación por parte da Axencia Europea do Medicamento, dixo, lembrando que a primeira das vacinas que chegarán será a de Pfizer/BioNTech, avaliada con ensaios clínicos realizados en seis países, nos que participaron arredor de 44.000 persoas, e que conta cunha eficacia estimada para previr a enfermidade dun 95%.

O obxectivo da Xunta, segundo explicou o vicepresidente primeiro, será o de vacinar nun primeiro estado a máis de 40.000 cidadáns, ao ser necesarias dúas doses para que a vacina sexa efectiva. “Sen dúbida, son menos das que quixéramos e agardamos que inmediatamente nos sexan subministradas desde o Goberno máis doses para seguir coa vacinación de acordo co plan aprobado”, aseverou, precisando que a campaña comezará polos colectivos considerados prioritarios, como se reflicte no plan referendado onte polo subcomité clínico.