Reforma integral do polideportivo de Tarrío, en Culleredo

0 minutes read

A Deputación da Coruña e o Concello de Culleredo colaboran nas obras da modernización integral do polideportivo municipal de Tarrío, unha das infraestruturas deportivas máis empregadas do municipio. O proxecto enmárcase dentro do plan de renovación e mellora dos espazos deportivos que emprende o goberno local e que abarca tamén ás pistas exteriores, os campos de fútbol e os pavillóns restantes. A actuación suporá unha notable mellora tanto funcional como estética do polideportivo e da súa contorna.