O Plan Único da Deputación da Coruña acada os 138 millóns de euros, case 24 para a Costa da Morte

7 minutes read

O pleno da Deputación da Coruña aprobou este venres por unanimidade un investimento adicional de 22 millóns de euros para o Plan Único (POS+2025), que acada así os 138 millóns de euros, consolidándose como o maior plan de cooperación municipal de Galicia e un dos máis ambiciosos do Estado.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou que esta nova achega «bate un novo récord histórico de investimento nos concellos e confirma o compromiso firme da Deputación coa autonomía municipal, a igualdade territorial e o reforzo dos servizos públicos».

«Con este Plan, a Deputación inviste este ano máis nos 93 concellos coruñeses que a Xunta nos 313 concellos galegos, e facémolo con fondos incondicionados, que os concellos poden destinar a aquilo que realmente precisa a veciñanza», subliñou.
Récord de financiamento e impacto directo no territorio

O Plan Único (POS+2025) chegou xa aos 116 millóns de euros en maio tras unha primeira modificación de crédito de 30 millóns aprobada por unanimidade. Co novo suplemento aprobado hoxe, acada os 138 millóns, converténdose no maior orzamento da historia deste instrumento de cooperación local.

O modelo permite aos concellos destinar os fondos segundo as súas prioridades e necesidades reais, e abrangue desde obras de infraestruturas básicas ata servizos sociais, ambientais ou culturais. Só este ano xa foron aprobadas 362 obras, que inclúen melloras en estradas e camiños, redes de saneamento e abastecemento, pavimentacións, centros sociais, parques públicos, e renovación de instalacións culturais, deportivas e docentes.

O Plan destina tamén fondos a gasto corrente, que permiten aos concellos da provincia garantir servizos esenciais como alumeado público, mantemento de vías municipais, recollida de lixo ou conservación de instalacións; 7 millóns de euros para gasto social, reforzando a atención á cidadanía máis vulnerable e 12 millóns de euros para amortización de débeda e financiamento de servizos nos concellos sen débeda.
Investimentos por comarcas

O impacto do Plan Único é directo e equitativo en todo o territorio da provincia. Por comarcas, os investimentos deste ano 2025 ascenden a:

Máis de 30,2 millóns de euros nas comarcas da Coruña e As Mariñas

39,5 millóns na comarca de Compostela

26,5 millóns en Ferrolterra, Eume e Ortegal

Preto de 24 millóns en Bergantiños e Costa da Morte

17,8 millóns na comarca do Barbanza

Estas cifras confirman a ampla distribución territorial e o carácter igualitario e equilibrado do Plan Único, que garante que todos os concellos, independentemente do seu tamaño ou localización, dispoñan de recursos para atender as súas necesidades e mellorar a calidade de vida da veciñanza.
Máis de 822 millóns investidos desde 2017

Desde a súa creación en 2017, o Plan Único leva mobilizados máis de 822 millóns de euros, permitindo a execución de 4.592 obras e proxectos que melloran a calidade de vida e fortalecen os servizos públicos no ámbito local.

O modelo destaca pola súa xestión descentralizada, transparente e equitativa, outorgando plena autonomía aos concellos para decidir o destino dos fondos. Grazas a esta ferramenta, moitos municipios puideron desenvolver políticas públicas que doutro xeito serían inviables, especialmente no rural.

Formoso reiterou a súa petición á Xunta de Galicia para que incremente o Fondo Galego de Cooperación Local ata os 200 millóns de euros, como medida imprescindible para garantir a viabilidade dos pequenos e medianos concellos que cada vez asumen máis competencias sen o financiamento correspondente.

POS+Adicional 4/2025 asignación por concello

https://www.dacoruna.gal/files/9017/5949/3651/REPARTO_22.000.00000_EUR_por_concellos_para_POS_Ad_4_2025.pdf

POS+Adicional 4/2025 Base reguladora

https://www.dacoruna.gal/files/4817/5949/3977/BASE_15_con_Anexos_27_e_28.pdf

Comarca CoruñaPOS+ 2025POS+ADICIONAL 4/2025TOTAL
POS+ 2025
Abegondo1.214.502,30241.556,871.456.059,17
Aranga962.466,55192.724,001.155.190,55
Arteixo2.762.321,02548.482,283.310.803,30
Bergondo880.370,98178.967,641.059.338,62
Betanzos1.225.321,28219.861,131.445.182,41
Cambre2.012.199,51381.409,332.393.608,84
Carral1.000.139,80180.114,331.180.254,13
Coirós545.518,69109.678,63655.197,32
Coruña (A)461.778,7291.401,89553.180,61
Culleredo2.344.448,21467.010,122.811.458,33
Curtis1.028.694,24208.141,451.236.835,69
Irixoa684.966,72136.296,15821.262,87
Mesía1.008.885,08204.109,291.212.994,37
Miño858.220,47171.729,151.029.949,62
Oleiros2.578.455,72514.774,673.093.230,39
Oza-Cesuras1.708.686,93345.237,252.053.924,18
Paderne672.867,97128.523,39801.391,36
Sada1.737.653,43268.386,342.006.039,77
Sobrado1.042.492,71206.931,311.249.424,02
Vilasantar632.313,19127.311,45759.624,64
Total comarca25.362.303,524.922.646,6730.284.950,19
Comarca CompostelaPOS+ 2025POS+ADICIONAL 4/2025TOTAL
POS+ 2025
Ames2.562.325,24498.473,303.060.798,54
Arzúa1.736.617,64328.975,822.065.593,46
Baña (A)1.092.503,50215.061,571.307.565,07
Boimorto892.784,71178.302,001.071.086,71
Boqueixón1.016.970,07198.614,871.215.584,94
Brión1.175.379,14225.313,411.400.692,55
Dodro542.521,86104.132,31646.654,17
Frades884.690,22177.240,151.061.930,37
Melide1.548.014,94307.457,691.855.472,63
Negreira1.401.817,69279.100,891.680.918,58
Ordes1.829.525,76367.656,982.197.182,74
Oroso1.181.342,70224.989,961.406.332,66
Padrón1.180.449,39194.552,411.375.001,80
Pino (O)1.275.833,96258.599,571.534.433,53
Rois1.054.580,84213.780,071.268.360,91
Santa Comba2.042.407,32399.992,442.442.399,76
Santiago de Compostela2.149.539,72391.622,752.541.162,47
Santiso876.200,21177.029,481.053.229,69
Teo2.433.865,92359.265,372.793.131,29
Toques797.060,76155.382,21952.442,97
Tordoia1.108.481,55221.664,561.330.146,11
Touro1.237.850,03247.532,871.485.382,90
Trazo1.065.236,16201.962,591.267.198,75
Val do Dubra1.123.017,49219.308,921.342.326,41
Vedra923.500,52181.186,261.104.686,78
Total comarca33.132.517,346.327.198,4539.459.715,79
Comarca Bergantiños-Costa da MortePOS+ 2025POS+ADICIONAL 4/2025TOTAL
POS+ 2025
Cabana de Bergantiños1.032.754,41209.615,831.242.370,24
Camariñas772.526,79154.562,09927.088,88
Carballo3.431.583,68614.156,294.045.739,97
Cee978.106,27193.953,811.172.060,08
Cerceda1.118.867,14225.391,701.344.258,84
Corcubión321.064,7163.863,33384.928,04
Coristanco1.803.235,87291.291,752.094.527,62
Dumbría1.166.190,43224.924,941.391.115,37
Fisterra642.463,87123.895,97766.359,84
Laracha (A)1.703.682,86323.817,812.027.500,67
Laxe602.913,25120.860,59723.773,84
Malpica de Bergantiños1.017.339,06176.868,781.194.207,84
Muxía1.287.067,63249.901,881.536.969,51
Ponteceso1.201.687,61232.010,121.433.697,73
Vimianzo1.703.646,78337.929,602.041.576,38
Zas1.350.488,48272.650,321.623.138,80
Total comarca20.133.618,843.815.694,8123.949.313,65
Comarca Ferrolterra, Eume e OrtegalPOS+ 2025POS+ADICIONAL 4/2025TOTAL
POS+ 2025
Ares683.122,76133.204,01816.326,77
Cabanas670.777,46124.674,11795.451,57
Capela (A)583.992,87111.651,21695.644,08
Cariño682.020,30136.157,32818.177,62
Cedeira1.222.683,40212.782,931.435.466,33
Cerdido616.411,81104.377,40720.789,21
Fene1.291.171,41224.694,531.515.865,94
Ferrol1.530.652,29178.409,341.709.061,63
Mañón746.054,35149.399,71895.454,06
Moeche574.396,89111.483,75685.880,64
Monfero1.243.659,70246.223,571.489.883,27
Mugardos746.563,29125.246,86871.810,15
Narón2.865.049,26543.972,053.409.021,31
Neda614.700,89123.261,45737.962,34
Ortigueira1.851.349,08375.448,592.226.797,67
Pontedeume907.043,95171.979,061.079.023,01
Pontes de García Rodríguez (As)2.248.155,82451.915,162.700.070,98
San Sadurniño927.165,18183.701,351.110.866,53
Somozas (As)724.569,11143.868,17868.437,28
Valdoviño1.096.896,50220.245,461.317.141,96
Vilarmaior542.195,9894.735,71636.931,69
Total comarca22.368.632,304.167.431,7426.536.064,04
Comarca BarbanzaPOS+ 2025POS+ADICIONAL 4/2025TOTAL
POS+ 2025
Boiro1.730.161,55349.858,002.080.019,55
Carnota803.198,41161.538,68964.737,09
Lousame907.272,55180.095,851.087.368,40
Mazaricos1.819.439,30298.274,752.117.714,05
Muros1.100.622,44220.516,011.321.138,45
Noia1.197.163,52238.182,871.435.346,39
Outes1.196.501,32231.278,081.427.779,40
Pobra do Caramiñal (A)1.312.266,61178.932,221.491.198,83
Porto do Son1.286.476,56259.755,041.546.231,60
Rianxo1.133.154,45227.415,101.360.569,55
Ribeira2.516.671,29421.181,732.937.853,02
Total comarca15.002.928,002.767.028,3317.769.956,33
Resumo por comarcasPOS+ 2025POS+ Adicional 4Total POS+ 2025
Comarca A Coruña- As Mariñas25.362.303,524.922.646,6730.284.950,19
Comarca Santiago33.132.517,346.327.198,4539.459.715,79
Comarca Bergantiños- Costa da Morte20.133.618,843.815.694,8123.949.313,65
Comarca Ferrolterra- Eume-Ortegal22.368.632,304.167.431,7426.536.064,04
Comarca Barbanza15.002.928,002.767.028,3317.769.956,33
Total116.000.000,0022.000.000,00138.000.000,00