O presidente provincial, Valentín González Formoso, remarcou a utilidade deste programa para «mellorar infraestruturas e servizos, así como para dar apoio no eido social ante as necesidades derivadas da crise sanitaria e impulsar a reactivación social e económica nos municipios da provincia».
O Plan Único achega 2,26 millóns de euros a 15 concellos da Costa da Morte para paliar os efectos sociais provocados pola pandemia. As contías repartidas nos diferentes municipios oscilan entre os 40.291 euros de Corcubión e os 384.932 euros que recibe Carballo. Reforzo do persoal adscrito aos servizos sociais e axuda no fogar, creación de axudas para a cobertura de necesidades básicas coma vivenda, alimentación, gastos médicos e farmacéuticos ou escolarización dos colectivos máis vulnerables son algunhas das cuestións ás que os concellos están a destinar estes fondos.
Carballo, A Laracha, Vimianzo ou Cerceda o destinan ao reforzo dos servizos de axuda no fogar. Outros como Muxía centran a axuda no financiamento de persoal municipal da área de servizos sociais.
Preto de 4,3 millóns para 39 obras
Dentro do plan, a Deputación permitirá que 13 concellos da zona poidan levar a cabo un total de 39 obras de humanización de rúas e espazos públicos, mellora nas redes de iluminación e saneamento, renovación de estradas, actuacións en instalacións municipais ou accións para incrementar a seguridade peonil, entre outras.
Destacan grandes investimentos como os 687.472 euros dedicados á rede de abastecemento de auga no núcleo Pedra do Sal (Carballo), os 162.374 euros para beirarrúas na Silva e acceso a un centro educativo en Cerceda, os 264.615 euros para a reurbanización da avenida de Erbecedo da Torre ata A Braña (Coristanco), os 191.506 euros para a cuberta do Mercado Municipal de Malpica, máis tamén pequenas obras que contribúen a dotar de servizos básicos a moitos núcleos rurais e a mellorar a vida dos seus habitantes.
Os municipios da comarca destinan este ano 97.160 euros para redución da débeda, 423.473 euros para pago a provedores e máis de 2,3 millóns para gasto corrente, co que se financian servizos básicos municipais importantes para a cidadanía como poden ser a iluminación pública ou a recollida de lixo. A través do Plan Adicional tamén se financiarán investimentos por importe de 4 millóns de euros.
O Plan Único ofrece aos concellos total liberdade á hora de decidir en que investir os fondos que lles achega a Deputación, cunha distribución que se basea en criterios obxectivos como a poboación, superficie, número de parroquias ou esforzo fiscal de cada municipio.
| CONCELLO | GASTO CORRENTE | INVESTIMENTOS | PAGO A PROVEDORES | REDUCIÓN DÉBEDA | GASTO SOCIALCOVID 19 | POS+ ADICIONAL2/2021 | TOTAL |
| CABANA | 99.966,01 | 350.359,46 | 133.157,24 | 237.780,79 | 821.263,50 | ||
| CAMARIÑAS | 268.638,97 | 38.968,75 | 99.193,17 | 177.130,67 | 583.931,56 | ||
| CARBALLO | 635.138,39 | 626.941,33 | 384.932,35 | 687.379,21 | 2.334.391,28 | ||
| CEE | 198.841,19 | 213.371,85 | 120.509,81 | 215.196,09 | 747.918,94 | ||
| CERCEDA | 553.792,75 | 58.192,18 | 148.125,55 | 264.509,91 | 1.024.620,39 | ||
| CORCUBIÓN | 66.480,74 | 78.172,88 | 40.291,36 | 71.948,85 | 256.893,83 | ||
| CORISTANCO | 430.934,42 | 183.201,13 | 327.144,87 | 941.280,42 | |||
| DUMBRIA | 69.954,42 | 278.446,44 | 138.314,70 | 246.990,53 | 733.706,09 | ||
| FISTERRA | 102.737,25 | 95.302,60 | 77.330,96 | 138.091,00 | 413.461,81 | ||
| LARACHA | 334.677,07 | 329.535,06 | 202.834,58 | 362.204,62 | 1.229.251,33 | ||
| LAXE | 75.418,00 | 120.263,77 | 77.333,35 | 138.095,28 | 411.110,40 | ||
| MALPICA | 56.425,94 | 366.637,50 | 59.531,43 | 113.485,52 | 202.652,72 | 798.733,11 | |
| MUXÍA | 66.796,28 | 400.835,49 | 157.126,94 | 280.583,81 | 905.342,52 | ||
| PONTECESO | 0,00 | ||||||
| VIMIANZO | 356.075,45 | 347.215,60 | 215.803,30 | 385.363,04 | 1.304.457,39 | ||
| ZAS | 281.787,83 | 193.786,11 | 170.780,51 | 304.965,18 | 951.319,63 |