O Plan único da Deputación inviste este ano 25,4 M€ nos concellos da comarca de Santiago

O Plan único (POS+2022) da Deputación da Coruña alcanzará este ano os 25.426.909 euros investidos nos concellos da comarca de Santiago, dos que 6,6 millóns xa teñen como destino o financiamento de 70 obras (uns números que se irán incrementando ao longo do ano cos fondos adicionais do plan) e 4,1 millóns destínase a financiar gastos sociais nos municipios co obxectivo de protexer os colectivos máis vulnerables. O presidente provincial, Valentín González Formoso, remarcou a utilidade deste programa para «contribuír á reactivación económica, cun investimento moi importante que este ano alcanza os 90 millóns na provincia, mellorar infraestruturas e servizos municipais e dar apoio aos concellos nos seus programas sociais»

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha