34
O pleno do Concello da Coruña rexeitou, cos votos de socialistas, populares e de Ciudadanos, a moción que reclamaba a amnistía para os políticos condenados polo procés.
A moción presentouna o grupo da Marea Atlántica e contou co apoio do BNG. Ambos grupos consideran que a sentenza do Tribunal Supremo foi desproporcionada e engaden que a situación de Cataluña esixe unha saída política e dialogada.