O pleno da Deputación da Coruña aprobou o novo Fondo Social do Plan Único

O pleno da Deputación da Coruña aprobou por unanimidade de todas as forzas políticas, o Fondo Social do Plan Único (POS+2021), que destina 13.8848.408 euros para apoiar aos concellos da provincia no incremento do gasto social derivado da pandemia.  Ampliación dos Servizos de Axuda no Fogar (SAF), reforzo da plantilla de persoal nas áreas sociais dos concellos, programas de respiro familiar e conciliación familiar e laboral, adquisición de EPIs ou axudas directas ás familias máis vulnerables que están sufrindo especialmente os efectos desta crise son algúns dos programas municipais que contarán co apoio da Deputación a través deste novo Fondo Social do Plan Único, segundo explicou o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, que agradeceu o apoio unánime da corporación e destacou «a adaptación» do Plan á situación actual «para dar resposta ás necesidades dos concellos e da cidadanía, reforzando os programas de protección social dos concellos para non deixar a ninguén atrás na saída da crise».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha