O Pleno da Laracha aprobou por unanimidade o destino dos fondos do POS+ Adicional 2026

5 minutes read

O PSdeG-PSOE critica que o o Concello vaia gastar, cos fondos de carácter social da Deputación da Coruña, 21.000 euros na compra de mesas e cadeiras.

Fois este mércores en sesión extraordinaria e como único punto da Orde do Día. A proposta do Goberno local relativa á participación do Concello no POS+ Adicional 2026 para gastos sociais extraordinarios e o destino dos fondos foi aprobada por unanimidade dos tres grupos municipais.

O Concello percibirá un total de 118.354,15 euros a través dese programa da Deputación da Coruña cos que financiará gasto corrente e investimentos.

O apartado máis amplo é o do gasto corrente, que ascende a 96.372,54 euros. Isto permitirá ampliar a dotación do fondo de emerxencia social, cubrir parte da achega municipal ao servizo de axuda no fogar e financiar programas de carácter social como A memoria da Laracha dirixido á prevención da soidade non desexada, Educa en positivo que é complementario de educación e apoio familiar e A Laracha acolle de alfabetización para persoas inmigrantes, así como a elaboración de estudos sobre o benestar emocional e a saúde mental da infancia e a adolescencia do municipio e de diagnose sobre a soidade non desexada, incluíndo a programación de actividades para abordar dita problemática.

No apartado de investimentos, a cantidade de 21.981,61 euros destinaranse á adquisición de equipamentos informáticos e mobiliario que faciliten e melloren a xestión do persoal municipal adscrito ao departamento de Servizos Sociais.

O alcalde, José Manuel López Varela, considera que os fondos do POS+ Adicional van a “programas necesarios que atenden a cuestións relativas á xuventude e a un apartado potente como o da soidade non desexada, que require de políticas específicas para resolver a problemática dese colectivo”.

CRÍTICA DO PSOE

Inés Ramos, portavoz do Grupo Municipal Socialista, considera «unha falta de acción política e de coñecemento da realidade que o Partido Popular destine esa cantidade a comprar un equipamento de oficina dentro da área de Servizos Sociais». 

Sinalou que isto é «unha forma perversa de gastar fondos públicos que deberían ser destinados de xeito directo á asistencia aos veciños e veciñas da Laracha que o precisan de xeito inmediato». 

Ramos afirmou no pleno que dende o PSdeG local votaron a favor dos orzamento municipais «por responsabilidade política, porque aquí se solicitan fondos para atender á veciñanza, pero esta partida de 21.000 euros para equipamento de oficinas tería que estar empregada en axudas ou equipamento para atención directa ás veciñas e veciños que o precisan». 

Ademais, a socialista lembrou que Galicia é «a comunidade autónoma que menos informa á cidadanía dos dereitos á dependencia, e a Laracha non é unha excepción»». 

«Xoves que non poden alugar e independizarse, problemas de mobilidade no transporte público, instalacións municipais deportivas pechadas e outras que están a cobrar cuotas e non poden usarse, maiores aos que non lles alcanzan os cartos para que poidan ser cuidados nas súas casas… Hai moito para onde mirar que non sexa un mobilidario de oficina», enumera Ramos. 

«Xa lle digo que pode dispoñer da miña cadeira, só teño que usala nos plenos cando veño aquí. Aínda que a cadeira que tiña que cambiar é a súa. Máis de 20 anos de estancamento desde que se sentou como alcalde neste concello», concluíu Inés Ramos. 

Crítica do PSOE

O PSdeG-PSOE da Laracha critica que o o Concello vaia gastar, cos fondos de carácter social da Deputación da Coruña, 21.000 euros na compra de mesas e cadeiras. O gasto enmarcaríase dentro do Plan Único de Obras e Servizos da Deputación.

Inés Ramos, portavoz do Grupo Municipal Socialista, considera “unha falta de acción política e de coñecemento da realidade que o Partido Popular destine esa cantidade a comprar un equipamento de oficina dentro da área de Servizos Sociais”.

Sinalou que isto é “unha forma perversa de gastar fondos públicos que deberían ser destinados de xeito directo á asistencia aos veciños e veciñas da Laracha que o precisan de xeito inmediato”.

Ramos afirmou no pleno que dende o PSdeG local votaron a favor dos orzamento municipais “por responsabilidade política, porque aquí se solicitan fondos para atender á veciñanza, pero esta partida de 21.000 euros para equipamento de oficinas tería que estar empregada en axudas ou equipamento para atención directa ás veciñas e veciños que o precisan”.

Ademais, a socialista lembrou que Galicia é “a comunidade autónoma que menos informa á cidadanía dos dereitos á dependencia, e a Laracha non é unha excepción””.

“Xoves que non poden alugar e independizarse, problemas de mobilidade no transporte público, instalacións municipais deportivas pechadas e outras que están a cobrar cuotas e non poden usarse, maiores aos que non lles alcanzan os cartos para que poidan ser cuidados nas súas casas… Hai moito para onde mirar que non sexa un mobilidario de oficina”, enumera Ramos.

“Xa lle digo que pode dispoñer da miña cadeira, só teño que usala nos plenos cando veño aquí. Aínda que a cadeira que tiña que cambiar é a súa. Máis de 20 anos de estancamento desde que se sentou como alcalde neste concello”, concluíu Inés Ramos.