O Pleno da Laracha tratará este venres o destino dos fondos do POS+2021

Ayuntamiento de A Laracha

A sesión ordinaria do Pleno correspondente ao mes de xaneiro que se celebrará o próximo venres na Laracha terá como principal cuestión a tratar a proposta do goberno local para destinar os fondos do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan Único Concellos) POS+2021, asunto que será sometido o martes ao correspondente ditame da Comisión Informativa.

Con cargo ao POS+ o Concello da Laracha percibirá un total de 867.046,71 euros divididos en tres achegas con diferentes finalidades: 329.535,06 euros –máis a aportación económica municipal- destinaranse a obras de investimento en infraestruturas municipais, 334.677,07 serán para gasto corrente e 202.834,58 euros corresponden ao POS+ Adicional para o financiamento de gastos sociais extraordinarios.

Así, os proxectos que o goberno local ten previsto financiar con cargo á achega para obras de investimento céntranse na mellora da rede viaria municipal con actuacións contempladas nos seguintes núcleos:

  • Parroquia de Soandres: O Priorato, A Abeleira, Boimir, Insuaboa, Currelos de Abaixo, Condesuso, Condes, As Táboas e Ponte da Veiga.
  • Parroquia de Montemaior: O Batalo, Bardenlos, A Ferreira, Casas Longas, O Lorteiro e Pazos.
  • Parroquia de Cabovilaño: Cardois.
  • Parroquia de Caión: Goxán.
  • Parroquia de Coiro: A Painceira.
  • Parroquia de Lendo: O Campo da Porta.
  • Parroquia de Vilaño: Vilanova