O pleno da Laracha únese contra a violencia de xénero e aproba dúas mocións

Pleno ordinario A Laracha_Cedida

  • Deuse luz verde ao apoio do sector lácteo e á difusión da programación infantil en galego

Este venres no Concello da Laracha celebrouse o pleno ordinario do mes de novembro. A sesión comezou cunha declaración institucional en rexeitamento da violencia de xénero con motivo do 25N para, posteriormente, gardar dous minutos de silencio polas vítimas deste tipo de violencia.

Xa inmersos na orde do día do pleno, foron aprobadas dúas mocións: a adhesión ao plan para unha mellor difusión da programación infantil en galego na televisión e outra relativa ao apoio do sector lácteo. O PSOE abstívose na aprobación desta última moción na que se insta ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación a tomar medidas para que todos os elos da cadea –especialmente, os gandeiros- cobren un prezo mínimo que cubra os custos de produción, entre outras medidas.