O Pleno de Camariñas aproba actuacións urxentes de pago a proveedores

1 minutes read
  • Tamén saiu adiante a aprobación provisional da Modificación Puntual do Plan Xeral, tras adaptar o documento ás modificacións requeridas por Costas na súa redacción.
  • Aprobouse o Plan Municipal de Prevención de Incendios Forestais e a corrección de dous proxectos de obra en Arou. 

Camariñas celebrou unha nova sesión plenaria que se levou a cabo de xeito telemático, onde aprobou un recoñecemento extraxudicial de créditos para poder facer fronte a facturas pendentes a proveedores valoradas en total en 249.964,26 euros.  

O goberno local explicou que “na súa maior parte estas facturas corresponden a actuacións urxentes como os amaños na pista de Reira debido aos danos causados polos temporais, ou tamén actuacións competencia da Xunta que tivemos que asumir nós como a retirada de niños de velutinas que supoñían un perigo para veciñanza ou os servizos de lacería que se nos atribuíron sen ningún tipo de financiación”.