53
- Destacarán a renuncia de Evencio á súa dedicación exclusiva e a de Javier Calvelo como concelleiro do grupo municipal do PP.
O alcalde presentou, acompañado polos concelleiros Ramón Varela e Maica Ures, os asuntos do pleno, que, debido á celebración das festas patronais, adiántase para este xoves día 19 ás 09.15 horas.
Evencio Ferrero cumprirá 70 anos o 28 de xuño e a partir dese momento xa non cobrará do Concello de Carballo senón da Seguridade Social, unha situación na que tamén se atopan outros dous membros do goberno municipal: Luis Lamas e Belén Lendoiro.
Javier Calvelo Bellón, presenta a súa renuncia como concelleiro do grupo municipal do Partido Popular.