O pleno de Carballo aproba as dúas iniciativas presentadas polo PSOE

1 minutes read
  • Trátase da creación dun punto de encontro municipal e o cambio de nome do complexo deportivo Vila de Noia.

As mocións presentadas polos grupos da oposición centraron o debate da sesión, que rematou coa renuncia do concelleiro do PP José Ricardo Vilas Otero.

A moción do grupo municipal de TEGA para a concesión de subvencións para a mellora da accesibilidade: instalación de ascensores e eliminación de barreiras arquitectónicas en edificios residenciais colectivos do concello de Carballo. Só contou co apoio do PP. O PSOE abstívose e o BNG votou en contra, polo que a iniciativa foi rexeitada.

A seguinte moción do grupo municipal de TEGA para a concesión sobre os campos de fútbol As Eiroas e O Carral, aos clubs FC Bergantiños e SD Sofán. Só votou a favor o partido propoñente, polo que tamén foi rexeitada.

Rogos e preguntas

No último apartado da sesión, Terra Galega presentou dous rogos relativos a outros tantos vertidos nas parroquias de Artes e Berdillo, así coma varias preguntas sobre cuestións relacionadas co persoal municipal, a execución de varias obras e a Escola de Hostalaría.

O PP tamén presentou unha pregunta sobre unha baldosa solta na rúa Vázquez de Parga.

Tamén o PSOE presentou unha pregunta sobre unha rotura dunha traída de auga en Sofán e un rogo para colocar unha pasarela cuberta no CEIP Bergantiños.