O pleno de Carballo aprobará este luns a ordenanza reguladora do tráfico

2 minutes read

Será a aprobación definitiva, unha vez superado o período de alegacións, da Ordenanza municipal reguladora do tráfico, a mobilidade e a seguridade viaria.

Durante a exposición ao público presentáronse, como explicou a concelleira de Mobilidade, Milagros Lantes, 18 alegacións e 16 suxestións por parte dun grupo de axentes da Policía Local. “Aceptamos seis alegacións e catro suxestións porque en xeral melloran o texto. Había outras que xa estaban modificadas no texto e algunhas que se considerou que non deberían ser obxecto dunha ordenanza, pero é positivo que persoas que non traballaron no texto fixesen un traballo tan minucioso, porque sempre se pode enriquecer o documento, e ademais sen entrar en contradición co contido da ordenanza en ningún momento”, manifestou.

No pleno deste luns tamén serán debatidas dúas mocións da oposición, unha de TeGa sobre a accesibilidade a un edificio da rúa Blanco Amor que quedou sobre a mesa na sesión anterior á espera dos informes técnicos correspondentes e outra do PP sobre o cambio de sentido da circulación na rúa San Xosé. En canto á primeira, o alcalde explicou que por parte dos servizos técnicos municipais elaborouse unha proposta que non coincide plenamente coa de TeGa e que foi presentada á propiedade para que decida, porque, aclarou, “non imos facer nada sen que queiran os propietarios”. Sobre a iniciativa dos populares, Evencio Ferrero considera que “non é procedente” e que, lonxe de mellorar o tráfico, provocaría un problema.

Milagros Lantes e Evencio Ferrero na presentación dos asuntos do pleno

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?