39
A Sesión Ordinaria do Pleno Municipal será este luns 27 de xaneiro ás 20:30 horas, na orde do día figuran tres mocións presentadas polo grupo municipal do PSdeG-PSOE. A primeira será sobre a devolución do Imposto de Plusvalía municipal inxustamente cobrado, a segunda sobre a precarización do servizo de pediatría por parte do Goberno Galego, e a terceira sobre o financiamento das entidades locais na prestación do servizo de axuda no fogar.