O Concello de Malpica celebrou, este xoves 24 de setembro, a sesión ordinaria do Pleno da Corporación Municipal, na que se abordaron diferentes asuntos incluídos na orde do día.
Entre os puntos tratados, o Pleno aprobou inicialmente a modificación do artigo 42 das Bases de Execución do Orzamento vixente, relativo ás subvencións nominativas. A proposta saíu adiante con 8 votos a favor, correspondentes aos 6 concelleiros do PP e aos 2 do BNG, e 5 abstencións, dos 4 concelleiros do PSOE e do representante de AIM.
Outro dos asuntos abordados foi a Conta Xeral correspondente ao exercicio 2025, que saíu adiante con 6 votos a favor do PP e 8 abstencións dos grupos municipais da oposición, PSOE, BNG e AIM.
No apartado de mocións, o Grupo Socialista presentou unha moción sobre o custo do combustible nos sectores pesqueiro e agrario, que contou co apoio unánime de todos os grupos municipais.
A sesión completouse co tratamento do resto dos asuntos incluídos na orde do día, así como co apartado de rogos e preguntas dos grupos da Corporación.
0
