O pleno de Vigo apoia aos familiares das vítimas do naufraxio do Villa de Pitanxo

A petición das familias, trasladouse ao pleno vigués a proposta do edil non adscrito instar ao Goberno de España a posta en marcha dunha operación de traballo subacuático que permita localizar o buque, descender ao mesmo e elaborar un traballo fotográfico e audiovisual sobre o seu estado, así como recoñecer a súa contorna e zona exterior para verificar a localización dos corpos dos tripulantes desaparecidos. Ademais, tamén ínstase ao Goberno de España a cumprir o compromiso adquirido de baixar ao buque. Abel Caballero pechou o debate reiterando «o seu apoio persoal» aos familiares das vítimas e comprometeuse para interceder ante o presidente do Goberno, Pedro Sánchez.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha