O Pleno de Vigo aproba 33 millóns de euros para investimentos na cidade

O alcalde celebrou a aprobación, que contou soamente cos votos favorables do Grupo Socialista. Os populares abstivéronse e o Grupo Mixto e edil non adscrito votaron en contra. “É unha mobilización inxente de recursos sen emitir nin un só céntimo de débeda, coa presión fiscal máis baixa de calquera gran concello e cun pago a provedores nun prazo inferior a 9 días”, expresou o rexedor.

Abel Caballero foi crítico coa oposición, aos que lles lembrou que Vigo mudou nos últimos anos e invitoulles a saír a rúa e falar coas persoas sobre a acción do goberno municipal: “Votan en contra de humanizar a rúa Val Miñor, ou o Parque de Navia, a reparación da piscina de Teis, Porta do Sol, rúa Pablo Iglesias, Rotonda Olímpicos, Teixugueiras, grada de Marcador, humanización de Cesáreo Vázquez, skatepark cuberto, Praza Elíptica, escaleira mecánica en Talude, aparcadoiro en Matamá, Praza de San Mauro, modernización do mercado de Teis, cubrición da pista do centro cultural de Bembrive, parece que tampouco apoian a compra e derrube do edificio onde imos facer a biblioteca de Teis, humanización Garrida-Porto, cubrición da pista do colexio Frián-Teis, o entorno de Vialia, Serafín Avendaño, o edificio social de rúa Alta… Cóntenllo ás persoas”. “Vigo neste momento é un exemplo en España. Todo o mundo quere ser Vigo. Afortunadamente somos nós”, expresou Caballero antes de levantar a sesión.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha