O Pleno de Vigo insta á Xunta á gratuidade do aparcadoiro do Hospital Álvaro Cunqueiro

1 minutes read

O Grupo Municipal Socialista aprobou a súa moción na que insta á Xunta de Galicia a decretar a gratuidade do aparcadoiro do Hospital Álvaro Cunqueiro, así como a cesión da parcela 5 do Complexo Hospitalario, de forma gratuíta ou por adquisición, co obxecto de construír un novo aparcadoiro municipal gratuíto para traballadores e usuarios.

Esta cuestión, que xa foi sometida a debate noutras ocasións, contou co voto a favor dos socialistas, o Grupo Mixto e o edil non adscrito. O Grupo Popular votou en contra.

O edil Carlos López Font lamentou que o goberno autonómico aínda non atendera esta petición, “o que supón un copagamento á sanidade”. Os socialistas alegan que “sete anos despois o beneficio para a concesionaria segue sendo cuantioso”

López Font defendeu que o goberno local “aliviou” a situación coa construción dun aparcadoiro con 400 prazas, e que “ten vontade para construír un novo aparcamento por parte do Concello se a Xunta cede a Parcela 5 do Complexo Hospitalario.