O Pleno de Vigo insta á Xunta a manter o mesmo profesorado no novo curso escolar


O acordo foi proposto polo concelleiro de Educación do goberno de Vigo, Gorka Gómez, e apoiado por todos os corporativos, salvo polos catro do Partido Popular, que se opuxeron. Vigo demanda para este curso o mesmo número de docentes que no 2020-2021 “para garantir os protocolos sanitarios e unha educación de calidade”. A moción preséntase despois de que “nos últimos meses moitas protestas se teñan producido na nosa cidade e en numerosas cidades de Galicia ante a previsión da Consellería de Educación de reducir drásticamente o número de profesoras e profesores nos centros” de infantil, primaria e secundaria. O goberno vigués recorda no documento que a Xunta recibe 800 millóns do Goberno de España para gastos sociais, sanitarios e educativos, con cargo aos fondos europeos, e o propio Ministerio de Educación solicitou das autonomías o uso destes cartos para o mantemento do mesmo número de profesoras e profesores do curso pasado.