O pleno de Zas pide a dimisión do conselleiro de Sanidade

O Concello de Zas celebrou este venres un pleno extraordinario e urxente no que se trataron varios temas relacionados coa sanidade. Así, na orde do día figuraba a análise, debates e acordos que poideran proceder sobre os recortes na sanidade efectuados polo Partido Popular na comunidade galega; E mais en concreto sobre a situación sanitaria no Concello de Zas en base a solicitude efectuada pola coordinadora “Zas sen recortes en pediatría”.

O pleno acordou cos votos do goberno e a abstención de PP, pedir a dimisión do Conselleiro de Sanidade polas deficiencias no servizo de pediatría derivados dos recortes levados a cabo pola Xunta de Galicia.

A veciñanza de Zas está molesta con que o presidente Feijóo vaia sacar a foto de bares pola localidade e non lle busque unha solución as deficiencias sanitarias do concello.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha