O portavoz do PNV no Congreso, Aitor Esteban, explicou que acudirá á chamada de Feijóo para reunirse, se este se pon en contacto con el. Aitor Esteban sinalou que Núñez Feijóo e el non se coñecen «persoalmente» e engadiu que «para iso pode servir a reunión, pero para pouca cousa máis». O portavoz do PNV insistiu en que o seu partido ten «clara» a súa posición: «En combinacións nas que entre Vox, nós non podemos estar», matizou. Esteban lembrou que o PP «neste momento» non ten unha maioría parlamentaria para facer presidente a Feijóo e considerou que, «salvo gran sorpresa», será «bastante complicado que o consiga». «Agora ben, con estas cousas non se sabe ata o último momento», engadiu o portavoz do PNV. Ata a investidura de Feijóo «vai haber xogo duns e outros. Imos ver que queren os socialistas», concluíu.
24