Josué Carreño González, (1985) Las Palmas de Gran Canaria, dedicouse media vida ao mundo empresarial, da arte e a comunicación. É músico, vocalista, empresario musical e do transporte, locutor de radio, escritor e… mellor persoa. Moi coñecido na verbena galega, liderando a produción e dianteira de grandes orquestras como Primera Línea ou Furia Joven. Na actualidade traballa de maneira independente exercendo o papel de líder nunha formación musical de prestixio en Canarias e parte da península, aínda que a pandemia afectou a gran parte das súas actuacións como á maioría dos mortais. Carreño, ten varias obras musicais inscritas e rexistradas, e un primeiro libro como autor -La Poción de un Triunfador- da man da prestixiosa editorial Letrame, onde nos sinala que hai un camiño oculto que conduce á abundancia e á prosperidade. Neste mes de setembro, tras un intenso traballo no verán, sorpréndenos co seu novo traballo musical «Amor Millonario», unha bonita historia de amor cunha produción audiovisual moi lograda, ao que desexamos moitos éxitos.
40