O polígono de Vimianzo, máis vixiado coa instalación de cinco cámaras

0 minutes read
  • Están monitorizadas pola Policía Local

O polígono industrial de Vimianzo conta desde esta semana con cinco cámaras de videovixilancia con fibra óptica e de alta definición en substitución dos antigos equipos. Todas están conectadas a un receptor grabador e monitorizadas pola Policía Local.

O concelleiro de Obras, Miguel Ángel Pérez, sinalou que «con esta infraestrutura acadaremos un maior control nas posibles incidencias que poidan ocorrer no polígono industrial e tamén incrementamos a seguridade tanto de peóns como de condutores».