O Porriño non foi rival para o Grupo Lemaco ‘A’

1 minutes read

Novamente o Grupo Lemaco amosouse excesivamente superior ao seu rival durante os sesenta minutos de encontro.

2ª Xornada da Fase de Clasificación Cadete Masculino

BM: Porriño 9 – Grupo Lemaco Xiria A 61 (3-31)

O equipo de Carballo saíu con moita seriedade e rigor defensivo desbaratando calquera intento do Porriño por achegarse con perigo a posicións de lanzamento e en ataque imprimindo ritmo e velocidade nas accións, aos 15 minutos a sensación do rival era de total impotencia. Cun 3 a 31 remataba a primeira metade.

Todo continuou igual na segunda metade, a pesar de ser difícil de aguantar a concentración neste tipo de encontros, o resultado final fala por si solo 9 a 61.

Na próxima xornada e derradeira desta Fase de Clasificación o Xiria recibe ao Abegondo, o outro equipo que conta os seus partidos coma vitorias.